Érgueste pola mañá, todo che da voltas, sobretodo a túa conciencia. Recordas a medias o que fixeches a noite anterior. Unha parte de ti está orgullosa de que por unha vez superaras os malos recordos e conseguiras disfrutar e ser ti mesma.. a outra parte pensa que te excedeches un pouco, e que disfrutaches de máis. Iso semana tras semana, ata volverse xa unha rutina.Buscas noutras bocas un sabor que xa antes probaras, pero non o das atopado, será por iso que segues buscando. Máis non tardas en decatarte de que por moitos beizos que te biquen ninguns o faran igual; por esa regla de tres,cada persoa irá ocupando un recuncho no teu corazón, máis grande ou máis pequeno, pero sempre quedará ahí. Haberá persoas ás que non lle volvas mirar á cara, haberá outras que as desexes ata máis non poder e non as teñas.. e entre toda esa multitude sempre haberá alguén que destaque porriba dos demáis, alguen especial..pero secadra só foi iso, unha boca máis que probar. E probas, e volves probar.. aínda que xa comezas a sospeitar que atopaches o que buscabas, é divertido seguir probando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario