miércoles, 21 de diciembre de 2011

Con cada decepión a dor faise maior, e os sentimentos vanse esvaecendo. Ó longo da nosa vida sufrimos milleiros de decepcións, unhas que nos fan moitísimo dano, outras máis insignificantes.. pero todas quedan marcadas, e irremediablemente, son moitas máis as que nos agardan. Cando pensas que unha persoa non te pode decepcionar máis decataste de que si pode facelo, e que quen pensabas que te quería pode ser quen máis dano che chegue a facer. É sinxelo, é inevitable, so alguén a quen queres te pode facer sufrir. Quizais o mellor sexa non recordar, facer que nunca pasou..

No hay comentarios:

Publicar un comentario