O que minte non é traidor. Pero se che digo que te quero, é que te quero. Quérote nos teus mellores días, cando ninguén pode quitarche ese sorriso tonto da cara, cando por calquera tontería te ris a carcajadas sen ningunha explicación. Pero tamén te quero os días nos que non hai quen te soporte, cando non paras de repetir que a vida é un asco e que nada merece a pena. Eses días tamén estou ahí, aínda que non o creas, aínda que nin sequera me notes cerca de ti, estou ahí, esperando a que me pidas axuda para saír dese bache. Xurei que nunca te abandonaría e ata o momento non deixei de cumplir a miña promesa, e polo de agora non teño tampouco intención de facelo. Porque te quero, quérote cando eres adorable, cando eres un idiota, cando dan ganas de matarte, e cando morro por terte preto para comerte a bicos. Porque niso consistía, ¿lembras? En, simplemente, estar cando non cho pidan, pero cando saibas que de verdade fas falta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario