Non che vou pedir que volvas, porque non te quero ver. o máis preto que estaras de min será nos meus soños, a espero que desta vez non se fagan realidade. Xa me cansei de vivir de recordos, de ilusións e de falsas esperanzas, toca baixar da nube, volver á realidade, e nesa realidade non estas ti. Pero un cravo saca outro cravo, e se non estas ti..estará outro. Outro mellor, outro que saiba valorar o que ten, outro que non me deixe marchar tan facilmente. Non penses que é unha excusa, é que as veces unha precisa cambiar de aires. Agora vou ser egoísta, vou pensar só en min mesma, vou crer que por unha vez na miña vida podo ser feliz, e será grazas ao meu esforzo. Non me importa o pasado, nin me importa o futuro, só me importa o presente .. é certo que as veces dubido do que quero, pero si sei o que non quero.. a ti.

No hay comentarios:
Publicar un comentario