Miras atras e decataste de que o único que che queda son un par de recordos, xa non importa que sexan bos ou malos, o que importa é que nunca marcharan. Que aparentas por fora o que en realidade non sintes por dentro. E que segues sendo a mesma inocente que ata agora, e sabes que é hora de cambiar porque tal e como es non che vai ben, pero non podes evitalo. Moitos buscan a felicidade, pero eu xa sei onde está a miña. E non é difícil de atopar, porque está en pequenos detalles, está en sair a tomar algo cos amigos, e noites longas con alcohol de por medio, en abrazos que nunca rematan, en miradas que o din todo, en chamadas telefónicas as tantas da mañá.. son cousas insignificantes, pero non preciso moito máis. Aínda que se de pedir se trata..
No hay comentarios:
Publicar un comentario