Non te fai sufrir quen quere senon quen pode, pero quen te quere non te fará sufrir. A fin de contas o único visible son os resultados, os intentos non contan para nada.. pero se non tes máis de onde tirar, conformarte cos intentos é unha boa derrota. Intenteino e fracasei, máis non me avergonza dicilo. Son orgullosa, e cabezota coma min soa, pero se con algo estou conforme é con intentalo ata máis non poder. Din que o que conta é a intención, asique con isto xa me podo dar por vencida. Aínda que para todos sexa fácil decir "esquéceo" outros moitos saberan que non é sinxelo, pero nesta vida nada é imposible, porque o imposible faise posible so con intentalo, A día de hoxe non podo decir que o lograra completamente, que sexa un punto e final, nun tan sequera un punto e seguido, deixemolo nunha coma, seguida de moitos interrogantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario