lunes, 16 de enero de 2012

Non che vou pedir que volvas, porque non te quero ver. o máis preto que estaras de min será nos meus soños, a espero que desta vez non se fagan realidade. Xa me cansei de vivir de recordos, de ilusións e de falsas esperanzas, toca baixar da nube, volver á realidade, e nesa realidade non estas ti. Pero un cravo saca outro cravo, e se non estas ti..estará outro. Outro mellor, outro que saiba valorar o que ten, outro que non me deixe marchar tan facilmente. Non penses que é unha excusa, é que as veces unha precisa cambiar de aires. Agora vou ser egoísta, vou pensar só en min mesma, vou crer que por unha vez na miña vida podo ser feliz, e será grazas ao meu esforzo. Non me importa o pasado, nin me importa o futuro, só me importa o presente .. é certo que as veces dubido do que quero, pero si sei o que non quero.. a ti.

jueves, 5 de enero de 2012

O principio do fin.

Agora toca cambiar as reglas do xogo, vamo-lo facer á túa maneira. Resultará máis sinxelo, Agora vou ser eu quen diga que non, quen non dé a cara, quen oculte, minta, engane, fareime a dura, tragarei o meu orgullo, firme, decidida, disposta, e consciente de que podo conseguir o que me propoña, que nacin para ser libre, para vivir a MIÑA vida á MIÑA maneira, sen dar a oportunidade de que ninguén o faga por min. Que o único motivo que preciso para sorrir polas mañas non é a felicidade de ninguén senon a miña propia, que non preciso bicos, apertas ou falsos sentimentos, que me valoro o suficientemente a min mesma como para non necesitar que ninguen máis o faga.

I'd hoped you'd see my face and that you'd be reminded that for me it isn't over.

jueves, 29 de diciembre de 2011

¿De que me podo queixar? Se o perdin foi porque algun día o tiven. Non, non cambiaría eso por nada. E se a miña caída foi brutal foi porque, cando me estrelei contra o chan, viña xa de moi arriba. E sabes unha cousa? mentres sexa el quen me faga subir tan arriba, volvería deixarme caer tantas veces como fora posible.

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Con cada decepión a dor faise maior, e os sentimentos vanse esvaecendo. Ó longo da nosa vida sufrimos milleiros de decepcións, unhas que nos fan moitísimo dano, outras máis insignificantes.. pero todas quedan marcadas, e irremediablemente, son moitas máis as que nos agardan. Cando pensas que unha persoa non te pode decepcionar máis decataste de que si pode facelo, e que quen pensabas que te quería pode ser quen máis dano che chegue a facer. É sinxelo, é inevitable, so alguén a quen queres te pode facer sufrir. Quizais o mellor sexa non recordar, facer que nunca pasou..

jueves, 15 de diciembre de 2011

- ¿Cal é o teu maior desexo?
+ Un bico baixo a choiva, e o teu?
- Que comece xa a chover.

lunes, 12 de diciembre de 2011

Si, son caprichosa, orgullosa, as veces coma unha nena pequena, enfadome por tonterías, non valoro o que teño, confío demáis na xente, e así me vai.. Cos meus pequenos pero grandes defectos, sempre acabo levando patadas, é certo. Máis, por moitas veces que caia, levantareime.. tan só para demostrarlle a quen me quere ver mal, que, despois de todo, sigo de pé, e con máis forza ca nunca.

domingo, 11 de diciembre de 2011

Odio, ese sentimento que aparece cando menos o esperas e cara quen menos desexas, pero non podes evitalo. Os recordos quedan ahí para sempre, e os malos aínda máis. Ese rencor cara a xente que algún día te defraudou.. podes perdoar, pero, no fondo, sempre os odiaras; Admitoo, NON PODO EVITALO.