lunes, 16 de enero de 2012

Non che vou pedir que volvas, porque non te quero ver. o máis preto que estaras de min será nos meus soños, a espero que desta vez non se fagan realidade. Xa me cansei de vivir de recordos, de ilusións e de falsas esperanzas, toca baixar da nube, volver á realidade, e nesa realidade non estas ti. Pero un cravo saca outro cravo, e se non estas ti..estará outro. Outro mellor, outro que saiba valorar o que ten, outro que non me deixe marchar tan facilmente. Non penses que é unha excusa, é que as veces unha precisa cambiar de aires. Agora vou ser egoísta, vou pensar só en min mesma, vou crer que por unha vez na miña vida podo ser feliz, e será grazas ao meu esforzo. Non me importa o pasado, nin me importa o futuro, só me importa o presente .. é certo que as veces dubido do que quero, pero si sei o que non quero.. a ti.

jueves, 5 de enero de 2012

O principio do fin.

Agora toca cambiar as reglas do xogo, vamo-lo facer á túa maneira. Resultará máis sinxelo, Agora vou ser eu quen diga que non, quen non dé a cara, quen oculte, minta, engane, fareime a dura, tragarei o meu orgullo, firme, decidida, disposta, e consciente de que podo conseguir o que me propoña, que nacin para ser libre, para vivir a MIÑA vida á MIÑA maneira, sen dar a oportunidade de que ninguén o faga por min. Que o único motivo que preciso para sorrir polas mañas non é a felicidade de ninguén senon a miña propia, que non preciso bicos, apertas ou falsos sentimentos, que me valoro o suficientemente a min mesma como para non necesitar que ninguen máis o faga.

I'd hoped you'd see my face and that you'd be reminded that for me it isn't over.