jueves, 24 de noviembre de 2011
Inxenuos, intentan falar de amor pero non saben o que é querer. Eu, como a maioría, poida que tamén estea enganada e tampouco saiba o que é querer, pero si sei o que é botar de menos a alguen.. tanto, que xa non sexas ti mesma. Sei o que é deitarse pensando en alguen, e erguerse con ese mesmo pensamento, esa mesma imaxe na túa mente. Sei o que é dar todo por alguén aínda que non daría nada por ti, aguantar todo por ver alguen feliz e alegrarme en canto vexo ese sorriso.. si, sei o que é todo iso, e para os que pensades que todo iso é o amor, permitideme dicir entón que estou namorada.
jueves, 3 de noviembre de 2011
Miras atras e decataste de que o único que che queda son un par de recordos, xa non importa que sexan bos ou malos, o que importa é que nunca marcharan. Que aparentas por fora o que en realidade non sintes por dentro. E que segues sendo a mesma inocente que ata agora, e sabes que é hora de cambiar porque tal e como es non che vai ben, pero non podes evitalo. Moitos buscan a felicidade, pero eu xa sei onde está a miña. E non é difícil de atopar, porque está en pequenos detalles, está en sair a tomar algo cos amigos, e noites longas con alcohol de por medio, en abrazos que nunca rematan, en miradas que o din todo, en chamadas telefónicas as tantas da mañá.. son cousas insignificantes, pero non preciso moito máis. Aínda que se de pedir se trata..
Non é que co tempo perdas amigos, senon que co tempo te das conta dos que son de verdade. Considero que a amizade é algo tan único, que nunca se pode desaproveitar. Un amigo, se é de verdade, sempre vai estar ahí para todo, para o bo e para o malo, para levantarte cando caes, e para dicirche as cousas á cara e abrirche os ollos por moito que doia. Para chorar contigo, e para facerte rir. E somos tan inxenuos, que non sabemos valorar os amigos de verdade.. podenche decir que te queren e que o darian todo por ti, pero a verdadeira amizade demostrase con feitos e non con palabras.
Unha vez dixeronme que so me podia decepcionar aquela persoa que me importara, e que nunca esperara nada de ninguen, porque me acabaría decepcionando..
Unha vez dixeronme que so me podia decepcionar aquela persoa que me importara, e que nunca esperara nada de ninguen, porque me acabaría decepcionando..
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)