miércoles, 26 de octubre de 2011
Nunca chove a gusto de todos,
Din que máis vale previr que curar pero que ó feito, peito. Que sempre hai un roto para un descosido, pode ser verdade, pero prefiro non crer en supersticións. Iso de atopar a túa media laranxa, só son historias.. atopar ese anaco que che falta, coma se fose tan doado. Cres que o tes diante, que é el, que sodes un para o outro, e non sabes como puideches vivir ata agora sen él, enchete de mimos, de cousas bonitas como só el sabe, e derrepente, ata logo! Que non hai mal que por ven non veña, iso me dixeron, que canto máis se ten máis se quere, pero nunca chove a gusto de todos.
martes, 25 de octubre de 2011
Xogar ó azar, nunca saber onde podes rematar.
Non te fai sufrir quen quere senon quen pode, pero quen te quere non te fará sufrir. A fin de contas o único visible son os resultados, os intentos non contan para nada.. pero se non tes máis de onde tirar, conformarte cos intentos é unha boa derrota. Intenteino e fracasei, máis non me avergonza dicilo. Son orgullosa, e cabezota coma min soa, pero se con algo estou conforme é con intentalo ata máis non poder. Din que o que conta é a intención, asique con isto xa me podo dar por vencida. Aínda que para todos sexa fácil decir "esquéceo" outros moitos saberan que non é sinxelo, pero nesta vida nada é imposible, porque o imposible faise posible so con intentalo, A día de hoxe non podo decir que o lograra completamente, que sexa un punto e final, nun tan sequera un punto e seguido, deixemolo nunha coma, seguida de moitos interrogantes.
domingo, 23 de octubre de 2011
Quero ver como te ris,
Que se a vida che da patadas, o único xeito de sobrevivir é devolvendollas, limpando as bágoas, mirando cara diante sempre, nunca cara atrás, os recordos do pasado, se quedan no pasado é porque non merecen formar parte nin do presente nin moito menos dun futuro.. ri, chora, canta, salta, baila, goza, bica coma se fose a primeira vez, disfruta de cada instante coma se fose o último, pero sempre cun sorriso na cara !
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)